A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

María Cagiao

María Cagiao

Nada na Coruña no 1919, trasládase máis tarde ao concello de Culleredo. Pintou moito e moi ben segundo as críticas publicadas na prensa da súa época. Estas loaron o realismo, precisión, refinamento e beleza coas que pintaba.

A temática da súa obra pictórica é variada: reflicte paisaxes, retratos, bodegóns e, sobre todo, flores. Foi coñecida como a pintora das flores. Non había flor que tivera segredos para ela así coma os toxos, as xestas, os croques, os pexegueiros…

A súa primeira exposición foi presentada na sala da Asociación de Artistas da Coruña, en xaneiro de 1942, á idade de 23 anos.

Sábese que participou en exposicións realizadas en cidades galegas, ademais da Coruña ou Vigo, e noutras cidades como Salamanca, Madrid, Oviedo, León, Málaga ou Valencia. A súa obra atópase espallada por diversos países: Arxentina, Cuba, España, Estados Unidos, Inglaterra, Italia…

María Cagiao pintou case todas as súas obras ao óleo e sobre lenzo, unhas veces utilizou pincel e outras espátula, coa que acadou cimas de perfección insuperables. As dúas principais características da súa obra son a cor e luz.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Escola de nenas en Valga
Colectivos

As mestras republicanas

A de mestra foi unha das primeiras profesións ás que tiveron acceso as mulleres no período contemporáneo. As especiais dotes educadoras que lles atribuía a

Ler máis »
María Barbeito
Represaliadas

María Barbeito

María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño, nada na Coruña en 1880, foi mestra, pedagoga, escritora, tradutora, lingüista, socióloga, educadora. Con apenas dezaseis anos aproba a reválida

Ler máis »