AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Elvira Pasandín Boutureira

Elvira Pasandin

Nace o 12 de setembro do 1926, na Fontenla en Pravio, Cambre.

elvira-pasandinNaqueles anos había telleiras nesa zona, das catro que había só nunha tiñan entre o cadro de persoal a mulleres. Elvira foi unha delas, incorporouse a traballar con 18 anos. A súa función era acomodar os ladrillos na eira da telleira do Rioboo.

Dos 15 traballadores, catro eran mulleres: Elvira, Carmen a de Barcia, Avelina da Raposeira, e de encargada da máquina Carmen A Antana que botaba o barro para que a máquina o fose tragando e sempre pendente de que non foran pedras á máquina.

O día que  ían co burro ao barreiro non traballaba a máquina.

Elvira casa aos 22 anos e, como pasaba con gran numero de mulleres, vese na obriga de renunciar ao seu traballo pola seu estado civil e para coidar da sogra, da casa e das leiras.

Elvira de recen casada vendía ovos. Ben os daba comido ela, pero ía vendelos –arrastrando os pés e a fame– dende Cecebre a Pravio, a Cambre e a Oleiros.

Xubílase despois de traballar durante 9 anos na granxa porcina de Cecebre.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Herminia Borrell
Pioneiras

Herminia Borrell

Herminia Elena Josefa Rodríguez-Borrell Feijóo nace en Camariñas en 1897 no seo dunha familia que fixera fortuna en Cuba. Muller mítica da aristocracia coruñesa, con

Ler máis »
Asilo Adelaida Muro
Pioneiras

Adelaida Muro Barbeito

Adelaida Muro Barbeito nace na Coruña sobre 1818, probabelmente na casa familiar da rúa Real 56, no seo dunha familia da burguesía comercial e con

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies