TRÍPTICOS MULLER(ES) DE PALABRA

Esta é unha colección contra a desmemoria, MULLER(ES) DE PALABRA, para coñecer e (RE)coñecer o traballo, o compromiso, o pensamento de mulleres galegas que puideron brillar con luz propia e deixar tras de si un luminoso ronsel mais que o momento que lles tocou vivir opacou a súa figura e o seu traballo. Esta colección nace co claro obxectivo de axudar a rescatar do esquecemento a mulleres de pensamento e de acción, mulleres singulares que traballaron polo progreso, pola igualdade, pola mellora de Galiza e de cada unha das galegas e galegos. Mulleres que sufriron sobor de todo o esquecemento, a represión mais dura e quixemos para comezar esta colección facelo con media ducia de mulleres comprometidas coa educación, co saber e co progreso