A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Syra Alonso

Syra Alonso

Retrato de Syra AlonsoSyra María Alonso Brufau, escritora e unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista, nacera na Coruña en 1899. Pertencente a unha familia da burguesía coruñesa sendo moi nova coñece o que sería o seu home, o pintor Francisco Miguel e xuntos ocúpanse da Libraría da Arte da coruñesa rúa Real, lugar de encontro dos intelectuais e políticos republicanos e galeguistas. Moi interesados polas vangardas artísticas europeas e americanas viaxarán en 1923 a París e Cuba, ate chegar a México en 1926, onde conviven con pintores, poetas e cineastas.  O 10 de novembro de 1933 a parella embarcou cos seus tres fillos no vapor Cristóbal Colón para regresar a Galiza e instalarse na localidade de Santa Cruz de Oleiros, na que Syra chama a Casa da Felicidade.

O 3 de agosto de 1936 os golpistas deteñen a Francisco Miguel. O seu corpo aparecería salvaxemente torturado e mutilado na parroquia carballesa de Bértoa o día 29 dese mesmo mes. A brutalidade e a saña que rodearon o caso de Francisco Miguel convérteno nun símbolo da Galiza Mártir. Logo de enterrar o seu home conseguiu saír cos seus fillos de novo para México en 1942, vía Lisboa.

Francisco Miguel e Syra Alonso
Syra Alonso e Francisco Miguel

Despois de máis de medio século de exilio, no ano 2000 soubemos dos Diarios de Syra Alonso (editados en A Nosa Terra na Colección Mulleres), e descubríanos un extraordinario texto memorialístico, contado en primeira persoa do xenocidio sufrido pola poboación galega despois do golpe de estado fascista de 1936.  Syra Alonso escribira a primeira parte dos seus diarios en Tordoia, datados en Compostela en 1938, e a segunda xa na localidade mexicana de Actopán, en 1945.

Nestes diarios Syra Alonso achéganos un estarrecedor relato da represión desatada en Galiza despois do levantamento militar de 1936. Unha historia de verdugos e de vítimas onde ela recolle a forza e a valentía de moitas mulleres para enfrontarse ao fascismo, o que lle fai dicir “O que máis glorifica a Galiza é o valor das súas mulleres”

Comparte esta biografía

Explorar máis

Carmen Muñoz
Pioneiras

Carmen Muñoz Manzano

Carmen Muñoz Manzano naceu en Malpartida de Plasencia (Cáceres) no 1906 e finou na A Coruña no 2002. Estuda Maxisterio en Salamanca e Madrid e

Ler máis »
María del Portal Panisse
Pioneiras

María del Portal Panisse

María del Portal Emiliana Panisse Ferrer –familiarmente Maruxa– naceu na Coruña no seu dunha familia liberal e ilustrada que tiña as orixes paternas na Provenza

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies