AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Sofía Casanova

Sofía Casanova

Sofía Guadalupe Pérez Casanova nace  en setembro de 1861 na rúa Espoz y Mina (hoxe rúa San Andrés) da Coruña.

Trasládase coa súa familia a Madrid, onde estuda no conservatorio de Música e Declamación. Poeta recoñecida desde moi nova, frecuenta os faladoiros onde coñece o profesor, filósofo e diplomático Vicente Lutoslaswki, co que casa e se traslada a Polonia.

Cada ano regresan a Galiza, e desde a súa casa de Mera  trabou amizade con Fanny Garrido, Francisca Herrera, Emilia Pardo Bazán e, sobre todo, con Filomena Dato, á que lle dedicou varios poemas e xuntas organizaron máis dun acto literario. Tamén asistiu ás tertulias da Cova Céltica.

Foi unha das xornalistas  máis importantes do século XX e a segunda correspondente de guerra española.

Actuou como correspondente do ABC en Polonia de 1915 a 1944 e chegou a publicar máis de 850 crónicas.

Sofía CasanovaCando no  verán de 1919 pronuncia unha conferencia no Círculo de Artesáns sobre “os horrores da guerra”, foi recibida efusivamente pola poboación que engalanou as casas. El Ideal Gallego  publicou unha serie de artigos entre outubro de 1919 e febreiro de 1920 nos que narraba a súa experiencia durante a Gran Guerra.

Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa. Vai ser testemuña de excepción da loita das Sufraxistas inglesas, o desenvolvemento do Sindicalismo, o movemento Bolxevique na Rusia tsarista, así como a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. Entrevistou a Trotsky e relatou a morte de Rasputin. No golpe de estado do 36 vai apoiar os sublevados e  escribir carta de adhesión a Franco. Na segunda Guerra Mundial  denunciará a persecución dos xudeus por parte do exército nazi.

Sofía  vai ter 4 fillas e, repudiada polo marido, que cobizaba un varón,  sempre tivo que traballar para sacar adiante a familia.

A parte das crónicas xornalísticas, a súa produción literaria foi enorme: foi destacada poeta e narradora; dramaturga e tradutora do polonés e do ruso para o castelán. Falaba oito idiomas.

En 1906 é nomeada membro correspondente da RAG e en 1952 concédeselle por unanimidade o título de académica de honra.

En 1926 é proposta para o Nobel de Literatura.

En 1938 visita por última vez A Coruña e comeza a etapa máis dura da súa vida, coa ocupación nazi do territorio polaco. Vai morrer en Polonia en 1958, aos 96 anos.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Eco de Galicia
Pioneiras

Ánxela Labaca

Cando os servizos públicos non daban resposta ás necesidades da sociedade, –e a alimentación, a educación, ou a sanidade non eran dereitos da cidadanía–, a

Ler máis »
Williamina Fleming
Pioneiras

Williamina Fleming

Williamina Paton Stevens Fleming, naceu en Escocia en 1857 e morreu en 1911, en Boston. Esta astrónoma traballadora no Harvard College Observatory catalogou máis de

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies