A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Sebastiana Vitales Gastón (“A Bastiana”)

Sebastiana Vitales Gascón 1

Sebastiana Vitales Gastón, A Bastiana, nace en marzo de 1902 en Huesca. Aos 18 anos emigrou aos Estados Unidos, establecéndose en San Francisco. Nesta cidade coñeceu nun baile da Asociación Naturista Hispana, ao anarquista fisterrán, Francisco Ballón Pequeño, con quen casa. Ambos frecuentaban a colonia libertaria “Francisco Ferrer” de Stelton-Nueva Jersey. En 1933 a parella retornou á Península e, tras un tempo en Ansó, estableceuse na Coruña.

Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI (Federación Anarquista Ibérica).

No semanario Solidaridad Obrera publicou un artigo sobre a folga da construción que se estaba a producir naquela altura, titulado “Como yo opino”(setembro do 33).

Participou como oradora en varios mitins obreiros e a finais de 1935 acompañou a Federica Montseny na súa xira polo país, compartindo cartel con ela no cine Cuatros Caminos. Esta, no seu libro Impresiones de un viaje por Galicia, fala da súa seriedade e abnegación.

Sebastiana Vitales Gascón 1Foron Sebastiana Vitales e Laura López as que, en maio de 1936, forman na Coruña unha sección de Mujeres Libres que se adhire ao Congreso da CNT celebrado en Zaragoza nese mes de maio. Esta organización tiña como finalidade primordial a liberación da muller, especialmente da muller obreira, da tripla escravitude que recaía nela: a da ignorancia, a de produtora e a de muller.

Durante o ano 36 participou en mitins e conferencias, tanto na comarca: en Sada, Mera, no Ateneo Libertario de Rutis, como na cidade, no Birloque convidada polo Centro de Estudos Sociais “Luz y Vida” de Elviña, no Centro de Estudos Sociais “Liberación” do Peruleiro e moi aplaudido foi o seu discurso do 1 de maio na praza de touros.

En todas as intervencións chamaba á participación das mulleres na obra de rexeneración social.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu home foi detido e pasado polas armas en Punta Herminia o 14 de agosto.

Ela detida e acusada de agochar na súa casa a Juan Díaz Lobelos (afiliado da UXT) e Justo Galán Barbero (militante da CNT), estivo recluída no cárcere provincial.

Unha vez liberada, tivo que permanecer oculta, sobrevivindo facendo estraperlo de pan branco de Sada a Coruña e despois vendendo froita nas minas de volframio da Agualada en Coristanco, percorrendo 14 km diarios coa súa filla pequena.

En 1954 exiliouse en Venezuela coas súas dúas fillas, e seguiu mantendo contactos cos círculos anarquistas. Morre no ano 2000.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Celia Brañas
Pioneiras

Celia Brañas

Celia Clara Daniela Bernardina (A Coruña, 1880-1948). Pioneira na incorporación da muller á cultura científica. Realizou estudos na Escola Normal para acadar o título de

Ler máis »
Maruxa Seoane
Pioneiras

Maruxa Seoane

Mª Elvira Fernández López nace o 24 de xaneiro de 1912 no número 145 da rúa Santo André. Coñece de nena quen sería o seu

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies