A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Sal Lence

Sal Lence

O equipo de fútbol sala Sal Lence naceu no colexio do mesmo nome, sito no barrio coruñés d’Os Castros, a mediados da década dos oitenta.

O seu presidente e alma do club foi Víctor Sieiro, finado en 2011, quen foi unha persoa clave para que a escuadra saíse adiante e lograse a excelencia deportiva.

Sal LenceO Sal Lence gañou dúas Ligas consecutivas (1994-95 e 1995-96) e logrou un campionato de Copa na campaña 1995-96, na que fixeron o dobrete. As herculinas inauguraron o palmarés da Primeira División Feminina de Fútbol Sala, a competición ligueira dunha modalidade deportiva que tivo un pulo grande a nivel de repercusión pública e mediática na década dos noventa.

O adestrador nesa época exitosa foi Manuel Castillo e as dúas xogadoras que máis destacaban eran Ana Silva e Beatriz Seijas, quen se retirou aos corenta e cinco anos de idade despois de gañar máis títulos con conxuntos ourensáns. Esa parella de futbolistas tiveron a consideración de indiscutibles estrelas deste deporte e formaron parte da selección española, mais o poderío do cadro coruñés non só proviña delas, xa que María Bardanca e as irmás Nuria e Celia Iglesias tamén lograron ser convocadas para xogar con esa camisola.

Na tempada 2005-2006 fusionáronse co Club Viaxes Amarelle FSF e o nome do Sal Lence desapareceu da actualidade, mais deixando unha pegada indeleble na historia deste deporte polo gran nivel de xogo amosado na pista.

 

Comparte esta biografía

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

Explorar máis

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies