AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Rosa Bassave Roibal

Rosa Bassave

Rosa Bassave Roibal (A Coruña 1953 –  Compostela 2012) medra no barrio da Gaiteira, comezando a traballar moi nova; aos 18 anos deixa o seu traballo nunha empresa de montaxes eléctricas, casa polo civil cun rapaz de Monte Alto, Alberto de Esteban, o Roxo, emigrando a Barcelona, Inglaterra e París. De regreso a Compostela, remata a carreira de Historia na USC e comeza a militar na UPG. Forma parte da executiva de ANPG en 1976 e do BNPG en 1977.

Tras fortes discrepancias, abandona o nacionalismo e participa de maneira sinalada na recuperación do movemento libertario santiagués dos anos 80 e 90: Federación Anarco-Comunista Galega (1979), revista Arco da Vella (1981-82), Mulheres Livres (1987), Ateneo Libertário de Compostela (1997), Radio Kalimera…

Rosa Bassave
Rosa Bassave nun mitin da CNT. Fonte: CNT Galiza

Tamén será clave na refundación do sindicato CNT en Compostela, sendo elixida secretaria xeral en 1990 e 2002 e tesoureira en varias ocasións; foi a primeira muller en asumir (2005) a secretaría da CNT galaica.

Rosa comezará, asemade, un delongado activismo no movemento feminista crítico coa tutela dos partidos políticos e participará activamente no proceso que desembocará no nacemento da Marcha Mundial das Mulleres.

A súa firme defensa do protagonismo da muller na sociedade ficou patente nas múltiples conferencias e colaboracións nos medios de comunicación.

Co seu nome ou co pseudónimo de María Balteira, asina artigos en Andaina, Festa da Palabra Silenciada, A Nosa Terra, @narquista (1998-2004), etc, desenvolvendo unha ampla temática: loita de clases; feminismo independente; “cozinha natural” vexetariana; o reintegracionismo; solidariedade internacionalista; a condición da muller do mar, a recuperación da memoria d@s vencid@s, a natureza e o desfrute do corpo nu….

A nivel profesional e dende 1986, Rosa tamén exerceu como directora da Biblioteca da Facultade de Matemáticas da USC, colaborando nalgunhas exposicións bibliográficas do libro galego (1988) e asistindo a eventos de índole profesional, caso da BiblioArchi organizada (2005) na Habana.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Isabel Ríos
Represaliadas

Isabel Ríos

Isabel Ríos Lazcano naceu en Curtis 1907 e foi militante do partido comunista represaliada. En 1929 casa co médico Manuel Calvelo López. Xa cun fillo,

Ler máis »
Silueta muller
Pioneiras

Dionisia Salomón

DIONISIA SALOMÓN (Valladolid 1837-Molina (Murcia) 1904) Dionisia Salomón Sanmartín (Valladolid 1837-Molina (Murcia) 1904), coruñesa entre 1856 e 1858, está considerada unha das primeiras mulleres que

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies