Paneis da Exposición Non Calarás!
Unha das actividades realizadas ao abeiro do Premio Luísa Villalta –convocado pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña– do noso proxecto NON CALARÁS! foi unha exposición na rúa.
A exposición constaba de 24 lonas de 243,5 x 157,5 cm e estivo do 6 ao 26 de marzo de 2025 na Mariña a carón da Autoridade Portuaria.
Queriamos que toda a cidade puidese interesarse por estas doce historias de colectivos de mulleres que se comprometeron coa causa da xustiza, coa causa da liberdade, cos ideais de progreso e igualdade, mulleres que converteron a reivindicación dos ideais e dos dereitos laborais e sociais nun dos motores da súa vida. Unha parte do traballo visible realizado por mulleres na cidade da Coruña estivo historicamente ligado ao porto: descargadoras de carbón, peixeiras, empacadoras, mandadeiras…É por iso que o espazo do porto, dependente da Autoridade Portuaria, pareceunos o lugar idóneo para expoñer este traballo.
O exposición contaba con fotos antigas procedentes dos arquivos da RAG, do ARG, do AMC, de fotógrafos como Xosé Castro ou Fernando Blanco para amosar diferentes traballos realizados por mulleres na cidade a meirande parte deles no 1º terzo do século XX. E xunto ás fotografías brevísimos textos que explicaban estas loitas. Os paneis que conformaron esta exposición están dispoñibles para descarga en formato PDF clicando nas miniaturas.
Créditos das imaxes
Biblioteca de Galicia
Arquivo do Reino de Galicia
Arquivo Municipal da Coruña
APOI – Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego
Arquivo Vidal. Museo do Mar de Laxe
Arquivo Elvira Varela Bao
Arquivo Aturuxo
Foto Xosé Castro
Foto Ángel Blanco
Museo de Pontevedra












