AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Nieves Navarro

Nieves Navarro

“Aquí EAJ41, Radio Coruña”, con estas palabras de Nieves Navarro, Loló, bota a andar –o día 15 de marzo de 1934– Radio Coruña. As palabras de Nieves –desde os estudos na Rúa Fontán– dan paso ao discurso do alcalde Alfredo Suárez Ferrín. Ela foi, pois, a primeira voz da radio coruñesa, neste caso a través da antena de Radio Coruña, hoxe Radio Coruña Cadena Ser.

Xunto con Enrique Mariñas, Nieves foi a primeira locutora que traballou en Radio Coruña. Como xa dixemos, a primeira emisora que funcionou na cidade –fundada por Francisco Hervada García Sampedro– e, durante moitos anos, a única de carácter comercial.

Un ano antes, Nieves chegara de Cuba: “A miña familia acababa de chegar de Cuba, e na praza dixéronme que don Pancho ía abrir unha emisora. Non sabía nin que era unha emisora, nin o coñecía a el, pero fun ao seu comercio e díxome que me presentase nos locais da rúa Fontán”

Tras Navarro e Mariñas, soan outra voces femininas na radio, como a de Enriqueta Brandón –Queta.

O coruñés Santiago Casares Quiroga, por aquel entón –1932– ministro de Gobernación da República, autoriza a creación de emisoras de radio sen máis condicións que a concesión administrativa. Aquel mesmo ano, outro coruñés, Francisco Hervada decide mercar a concesión administrativa. Dise que Radio Coruña emitiu por vez primeira cun transistor de barco, sendo o inicio da emisora con máis audiencia de Galiza.

EAJ41 emitía de tres a catro da tarde, de seis a oito e das dez ata a medianoite, lembraba non hai moito Nieves Navarro: “poñiamos ópera e música clásica, liamos as publicidades… Ás veces ían persoas importantes a falar, pero a maioría do tempo diciamos o que se nos ocorría”. Todo por 30 pesos ao mes, “que era un bo soldo”.

Conta Nieves que “durante a guerra lía os partes militares, que viñan coa tinta corrida e ás veces medio inventabamos. Tomei eu máis cotas que o exército”. Ela dicía que por iso lle concederan a Gran Cruz do Mérito Militar.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Irmandiñas
Colectivos

Irmandiñas

En maio de 1916 xorden na cidade da Coruña as Irmandades da Fala. Unha única muller asiste a esa primeira reunión das IdaF, Micaela Chao

Ler máis »
Milagros Rey Hombre
Pioneiras

Milagros Rey

Milagros Rey Hombre nace en Madrid en 1930 e morre na Coruña en 2014. Primeira arquitecta colexiada na Coruña. Primeira Arquitecta municipal da cidade, tendo

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies