AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

María Luisa Durán Marquina

María Luisa Durán Marquina

María Luisa Durán Marquina (A Coruña, fins do XIX-1966), foi actriz, cantante e xornalista.

Actriz do elenco da Irmandade da Fala coruñesa, fundou e dirixiu algúns grupos teatrais de afeccionados de onde sairían actores que posteriormente alcanzarían grande sona nos escenarios.

Durante 22 anos foi Catedrática de Declamación do Conservatorio Profesional de música e Declamación da Coruña, exercendo, tamén de Secretaria.

A primeira vez que subiu a un escenario tiña 7 anos, foi no teatro Jofre de Ferrol, onde estaba destinado o seu pai (o xeneral Antonio Durán Loriga).

Formará parte do Cuadro de Declamación do Patronato de Caridad da cidade, co que actuará, no teatro Rosalía de Castro, no Teatro Principal de Santiago e tamén en Ferrol. Colleitará grande éxito coa peza de Linares Rivas: La raza, desempeñando o papel de marquesa de Doniños.

Cunha grande vocación xornalística, en 1931 entrou a traballar en El Ideal Gallego onde permaneceu durante trinta e cinco anos, até a súa xubilación. Tiña ao seu cargo a sección de sociedade, crítica musical, cinema, teatro… ademais de reportaxes, entrevistas, etc.

Foi Secretaria da Asociación de Prensa.

En varias efemérides, demostrará os seus dotes de cantante, ben soa, ou acompañada ao harmonio pola profesora Honoria García.

Formou parte da directiva da coral polifónica El Eco, figurando como presidenta da Junta de Damas, (o presidente é Diego Delicado Marañón).

O 14 de abril de 1955 pronuncia unha conferencia “Los Castros, espíritu femenino de la Coruña” no Centro Cultural y deportivo dos Castros.

Durante a República foi unha das promotoras da Unión Regional de Derechas na Coruña.

Unha rúa na Coruña, na zona do Estadio de Riazor, leva o seu nome.

Comparte esta biografía

Explorar máis

María Luz Morales
Pioneiras

María Luz Morales

María Luz Morales Godoy nace na Coruña en 1898,  xornalista, escritora, editora, tradutora  e crítica cinematográfica. Foi a primeira muller que dirixiu un xornal no

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies