AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

María del Portal Panisse

María del Portal Panisse

María del Portal Emiliana Panisse Ferrer –familiarmente Maruxa– naceu na Coruña no seu dunha familia liberal e ilustrada que tiña as orixes paternas na Provenza francesa.

Comeza estudando no colexio do Pilar –a onde, como conta a historiadora Encarna Otero, había que levar a cadeira–, despois nas “Xosefinas” e máis tarde no Instituto Eusebio da Guarda.

María del Portal PanisseQuería estudar Biolóxicas mais para non trasladarse a Madrid, decide finalmente cursar Químicas en Santiago. Na Universidade, relaciónase co círculo galeguista de Tenreiro, Francisco del Riego e Evelina Hervella. Alí coñece a que será a súa parella a partir de 1935, Enrique Ríos Suárez, comunista e licenciado en Químicas.

En setembro de 1937, rematada a carreira de Químicas, volve á Coruña. Aquí comeza a cursar Maxisterio e a impartir aulas, primeiro nas “Xosefinas” e logo na Academia de D. Ángel del Castillo. En 1941, remata Maxisterio e casa con Enrique Ríos Suárez, que daquela era socio dunha industria farmacéutica, con sede en Vilagarcía. A pesar de dispoñer de varias patentes, a industria farmacéutica fracasou e a parella trasládase a Compostela buscando unha saída laboral.

María del Portal PanisseEn Compostela, Maruxa traballa de mestra no colexio das Orfas e Enrique cursa Farmacia. No ano 1952 detéctaselle a Enrique Ríos unha grave enfermidade coronaria, feito que leva a Maruxa comezar a cursar Farmacia. Licenciada, en 1957, abre unha botica na rúa de Fonseca. A súa forma de traballo –ela mesma atende a botica– fai que pronto comece a ser coñecida como a “boticaria da liberdade”. Eran os anos da represión política, social e cultural do franquismo, especialmente duros para as mulleres, onde está prohibido o aborto e tamén o emprego de calquera método anticonceptivo que non fose o ogino. Maruxa, saltando as regras impostas polo goberno, comercializa na súa botica calquera tipo de anticonceptivo sen receita médica –pílula, preservativo…–. Trátase dunha actitude única en Compostela, unha mostra de apoio á libre decisión das mulleres de elixir cando e como queren ser nais, o cal leva a tranquilidade a moitas mulleres de todas as idades.

Para saber máis:

Comparte esta biografía

Explorar máis

María Corredoira
Pioneiras

María Corredoira

A vida de María do Carme Corredoira transcorre no potencial artístico dunha nena coruñesa que acariñou a proxección internacional e elixiu o íntimo como lugar

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies