A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Mari Carmen Rilo Mosquera

Mari Carmen Rilo Mosquera

Mari Carmen Rilo Mosquera quitou o carné o 19 de decembro de 1966 e o 25 xa tiña o taxi.

Primeiro nun Seat 800 de catro portas, moi manexable e pequeniño, tanto que tivo que mudalo aos seis meses «porque alí non cabían nin as maletas».  E a partir de aí, só coches grandes.

Mari Carmen Rilo Mosquera
Foto de César Delgado. La Voz de Galicia.

Moitas veces chegaba á parada onde había xente agardando pero evitaban subirse con ela. «Dicían entre eles: ‘‘cunha muller non subo que nos podemos matar’’», lembra Maruja entre risas. «Algún renunciaba a subir ao meu taxi por ser muller e esperaba o seguinte compañeiro».

Atópase  a orixe desta profesión na súa etapa de emigrante en Hannover. «Alí había moitas mulleres taxistas nos anos 60, ían moito máis adiantados ca nós en todo: os taxis de Alemaña tiñan teléfono cando aínda non había un triste aparato en todo Oza dos Ríos».

Relata Maruxa que nos inicios a policía e a Garda Civil «Parábanme, pedíanme os papeis… non crían o que vían, e despois dábanme os parabéns, desexábanme boa viaxe e moita sorte».

Comparte esta biografía

Explorar máis

Silueta muller
Pioneiras

Dionisia Salomón

DIONISIA SALOMÓN (Valladolid 1837-Molina (Murcia) 1904) Dionisia Salomón Sanmartín (Valladolid 1837-Molina (Murcia) 1904), coruñesa entre 1856 e 1858, está considerada unha das primeiras mulleres que

Ler máis »
Costureiras-Arquivo-Vidal
Colectivos

O oficio de coser

Que ben fixeron teus pais en facerte costureira, cando chove non te mollas, cando vai sol non te queimas. Tense xa desde moi antigo constancia

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies