A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Juana Capdevielle

Juana Capdevielle

No lugar onde medran as silveiras
e discorre a auga pola estrada
houbo antes un suco de sangue
inzando de nomes as cunetas:
A cuneta Camilo Díaz Baliño
segundo se vén de Santiago.
A cuneta Juana Capdevielle
segundo se vén dende A Coruña.
A cuneta do paseado anónimo
saíndo de Lugo a todas partes.

(Claudio Rodríguez Fer)

Juana Capdevielle San Martín, intelectual, pedagoga e arquiveira, naceu en Madrid o 12 de agosto de 1905 e o seu cadáver aparecería nunha gabia de Rábade o 18 de agosto de 1936.

Estudou Filosofía e Letras en Madrid e entrou a formar parte do corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios.  Traballou como bibliotecaria  na Facultade de Filosofía e Letras e no Ateneo de Madrid, gozou dunha licenza de estudos para pasar catro meses en Francia, Bélxica, Suíza e Alemaña. Á volta participou nas Primeras Jornadas Eugénicas Españolas de Genética, Eugenesia y Pedagogía Sexual, que tiveron lugar en Madrid en 1934 e contaron con intelectuais como Roberto Nóvoa Santos, Pío Baroja, Ramón J. Sender ou Hildegart. A súa conferencia versou sobre o problema do amor no ambiente universitario e nela rebateu as teorías de Nóvoa Santos e Sender, ao tempo que expuxo unha concepción do amor asentada sobre os postulados da valentía e da sinceridade, da liberdade e da consciencia.

Casa polo civil en Madrid o 23 de marzo de 1936 con Francisco Pérez Carballo, profesor universitario e político de Izquierda Republicana. Ao mes seguinte o seu home foi nomeado gobernador civil da Coruña e o matrimonio trasladouse a vivir a Galiza.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu xunto ao seu home ata o 20 de xullo, día en que se prepara a resistencia do goberno civil. Francisco Pérez Carballo foi aprehendido e executado o día 24 de xullo.  Mentres o seu home está no cárcere ela foi detida e tamén encarcerada aínda que foi liberada poucos días despois e refuxiouse en Vilaboa (Culleredo), na casa do deputado de Izquierda Republicana Vitorino Veiga. Alí recibiu o 18 de agosto a orde de deportación que non lle deu tempo a cumprir, pois esa mesma noite foi detida de novo por membros da Garda Civil, sendo violada e asasinada atopándose o seu corpo ao día seguinte no Km.526 da estrada A Coruña-Madrid, no Monte da Gándara, ás aforas de Rábade (Lugo).

A biblioteca central da Universidade da Coruña leva o seu nome.

Para saber máis:

Comparte esta biografía

Explorar máis

Lolita Alarcón
Pioneiras

Lolita Alarcón

Lolita Alarcón, nome co que se coñecía e anunciaba nas súas actuacións a Dolores Izquierdo Alarcón, foi unha violinista nacida en Madrid en xaneiro de

Ler máis »
Rosa Bassave
Pioneiras

Rosa Bassave Roibal

Rosa Bassave Roibal (A Coruña 1953 –  Compostela 2012) medra no barrio da Gaiteira, comezando a traballar moi nova; aos 18 anos deixa o seu

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies