María del Pilar Carré Sánchez nace na Coruña en 1921 e María Purificación Carré Sánchez nace, tamén na Coruña, en 1922.
As irmás María del Pilar e May Carré, prolíficas escritoras de novela rosa nos anos centrais do século XX, son netas do ilustre galeguista Uxío Carré Aldao, libreiro, editor, un dos fundadores da Real Academia Galega é principal animador do faladoiro galeguista con notable influencia na cultura galega, coñecido como a Cova Céltica.
Que elas foron educadas para dedicarse á escrita non semella estraño o que pode ser menos esperable e que se dedicasen a escribir novela rosa.
Pilar, a maior, comezou a escribir con 16 anos e a publicar novelas románticas moi nova co seu nome real. Estudou Maxisterio e continuou escribindo até que se tivo que dedicar ao coidado dos seus pais. Retomou a escritura baixo o pseudónimo de Joanna M. Ribes.
Escribiu máis de 90 novelas rosas, publicadas entre 1945 e 1974.
As primeiras foron El club de las solteronas (1945) e El orgullo de los Waterfird (1945).
O seu ano de maior produción foi 1969, no que publica 7 novelas: El orgullo de un hombre (1969), El precio de las cosas (1969), Entre dos caminos (1969), Esa rubia Karen… (1969), Las dudas de Debbie (1969), Privilegio de mujer (1969), Un novio para Fay (1969). A súa última novela foi Mentes torturadas (1974).
María del Pilar faleceu no ano 2000 na súa cidade natal.
María Purficación Carré Sánchez comezou a escribir con dezasete anos e a publicar a súa primeira novela romántica co nome de May Carré, mais decidiu continuar os seus estudos antes de volver a escribir novelas, tarefa que compaxinou durante uns anos cun traballo de oficina.
En 1943 aparece a súa primeira novela: Maguita.
En 1946 colabora no número de maio da revista cultural Alfar.
Publicou arredor de 145 novelas rosas entre 1943 e 1991 en varias editoriais: Pueyo, Amellier, Cies e Bruguera. Foi a máis produtiva das dúas irmás. Os seus libros chegaban ao mercado hispanoamericano e a Filipinas. Traducíanse ao portugués, para o ámbito lusófono (Brasil e Portugal) e tamén ao italiano. Segundo Aurora Marco escribiu en galego contos e poemas en revistas de Galiza e de Bos Aires.
Despois de coñecer e manter unha longa relación epistolar con Manuel Borrás Vallberdú, casaron en 1960 e trasladáronse a vivir a Barcelona. Tivo dous fillos: Susana e Jordi.
Continuou escribindo e publicando novelas, ao mesmo tempo que colaboraba activamente respondendo cartas do popular Consultorio da Señorita Elena Francis, relacionadas con temas de estudos, cociña ou relixión.
Probou mesmo , a publicar algunha novela de aventuras asinando como Peter McCoy.
Como mostra do seu prolífico labor, poñemos os 12 títulos publicados nun só ano:
- ¡Te haré llorar! (1965)
- El rapto de Laila-May (1965)
- Es preciso olvidar (1965)
- Escuela de enfermeras (1965)
- Fracasada en amores (1965)
- La montaña del deseo (1965)
- Natalia, piloto (1965)
- No esperes mi perdón (1965)
- Odiosa mentira (1965)
- Otra vez Maribel (1965)
- Una chica de suerte (1965)
- Una muchacha apasionada (1965)
- La casa del río (1991) será a súa derradeira obra publicada.
May faleceu en febreiro de 1990 en Barcelona.