A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Herminia Borrell

Herminia Borrell

Herminia BorrellHerminia Elena Josefa Rodríguez-Borrell Feijóo nace en Camariñas en 1897 no seo dunha familia que fixera fortuna en Cuba.

Muller mítica da aristocracia coruñesa, con festa de maioría de idade no Pazo de Meirás sob o patrocinio da Condesa de Pardo Bazán.

Foi a primeira muller en fumar en público, en montar en bicicleta, en casar polo civil, ter permiso de conducir ou comprar moto. Tampouco dubidou á hora de sacar o corsé para bailar o charlestón ou usar pantalón.

En 1919 marcha a Londres para estudar inglés, acompañada de súa tía. Alí coñece o magnate armenio Nubar Gulbenkian, fillo do filántropo Calouste Gulbenkian, co que casou, coa oposición das dúas familias, en 1922 . Fixan a súa residencia no Ritz de Piccadilly. A parella divórciase en 1928.

Retornou á Coruña e pasou a vivir no pazo de Sigrás, en Cambre.

Comprou unha moto e dedicouse a coleccionar cerámica de Sargadelos e obras de arte.

Xoga ao tenis no Sporting Club e ten dous barcos no Náutico, o Betty III, co que Linares Rivas gañou algunha regata, e o Pirata. Foi nomeada presidenta honoraria do Real Club Deportivo.

Podemos admirar no Museo de Belas Artes o retrato que se exhibe de Elena Olmos Mesa.

O xornal El Orzán cualificou a Herminia de muller “arrogantísima, bela, intelixente e elegante”

Morre en Sigrás, dentro do coche e rodeada dos seus animais, en 1971 e está enterrada no cemiterio de santo Amaro.

Comparte esta biografía

Explorar máis

María Wonenburger
Pioneiras

María Wonenburger

María Josefa Wonenburger Planells naceu en Montrove en 1927 e finou na Coruña en 2014, foi unha matemática galega, investigadora nos Estados Unidos e o

Ler máis »
María Balteira
Pioneiras

María Balteira

María  Peres, A Balteira, nada en Armeá (Coirós), foi a soldadeira máis popular nos nosos Cancioneiros. As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies