A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Francisca Álvarez González

Francisca Álvarez González

Nada no Barco de Valdeorras, Francisca Álvarez estuda Maxisterio e tras contraer matrimonio en 1946, trasládase á rúa da Falperra da Coruña. Nesta cidade é onde abre a súa primeira tenda de comestibles, na rúa onde vive.

Francisca Álvarez GonzálezA enfermidade do seu fillo fai que se deban trasladarse ao campo, polo que se mudan para Cambre. Sendo estafados polo construtor da súa casa, o seu home vese obrigado a emigrar a Brasil. A partir de entón, comeza un duro camiño na súa vida persoal e empresarial e debe trasladarse a vivir a unha casa aínda sen rematar, tendo que vender algunhas terras para ir saíndo da situación económica. Por outro lado, o feito de ser unha muller soa cun fillo –unha viúva de vivo– ten que lidar coas dificultades legais e administrativas da época para poder figurar como dona das propiedades e empresas que vai creando. Malia os atrancos, consegue rematar a casa e abrir unha tenda de víveres, na que tamén vende petróleo para os candís das casas. Pronto comeza, igualmente, a vender artigos relacionados co ensino: lousas, xices, libros, cadernos de escritura, etc.

Francisca Álvarez GonzálezA súa tenda –tamén ela– comeza a ser moi apreciada por veciños e veciñas, pois é unha persoa na que se pode confiar e mesmo vende ao fiado, incluso presta algo de cartos cando algunha veciña o necesita. Fía, pois, comida e diñeiro. Mesmo habilita unha zona da súa casa para que poidan durmir pobres e vagabundos. Tamén merca os excedentes agrícolas que os e as vilegas non poden vender na cidade.

Unha vez que a súa tenda é xa un negocio rendible e de éxito, Dona Paca decide cumprir a que sempre fora a súa ilusión: abre unha escola en Cambre. O prezo era “a vontade” e pronto se enche de alumnado de todas as idades e de localidades afastadas. A escola chegou a ter varias aulas para crianzas –con grupos de 40 nenas e nenos diferenciados por idades– e unha aula diaria para persoas adultas non alfabetizadas.

Comparte esta biografía

Explorar máis

María del Portal Panisse
Pioneiras

María del Portal Panisse

María del Portal Emiliana Panisse Ferrer –familiarmente Maruxa– naceu na Coruña no seu dunha familia liberal e ilustrada que tiña as orixes paternas na Provenza

Ler máis »
Clara Corral Aller
Pioneiras

Clara Corral Aller

Clara Corral nace en Ourense en 1847, no seo dunha familia acomodada e con gostos artísticos. O seu avó compuña cantos de Nadal e o

Ler máis »