A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Esther Peláez Rodríguez

Esther Peláez

Afirma que viviu na Coruña porque non lle quedou outro remedio, cargou co estigma de ser a nena recollida no portal dun edificio da praza das Atochas. Naceu no ano 1927. Xa en idade de traballar empregarase en Azafráns Bernardino na rúa Galera, onde desempeñaría a tarefa de empaquetado.

Grazas a unha veciña consegue un emprego no sanatorio de Oza, encargada de ir buscar no tren os grupos de nenas que viñan a tratamento preventivo da tuberculose. Nesas viaxes en que as compañeiras se sentían mulleres ceibes

Esther Peláez RodríguezNenas e nenos viñan ás colonias do sanatorio marítimo coruñés dende o ano 1912. Ao sanatorio de Oza viñan crianzas de entre 9 e 12 anos dende Madrid, Toledo, Lugo, Ourense, Ferrol, Sarria, Salamanca, Cidade Real e outros lugares de interior, para fortalecer a constitución mediante o axeitado tratamento, na vida ao aire libre entre piñeiros e nas praias, e cunha alimentación adecuada.  Cada traballadora tiña a cargo a 25 nenas. Esther chegou a acompañar a 50 cativas en cada quenda. Coidaban delas en todo momento , levábanas á praia, acompañábanas nas comidas. Como traballadora libraba un día a semana. Ás oito da mañá erguíanse, tras o almorzo, un anaco na praia e ximnasia. Ás once baños de sol ata comer (caldo galego, patacas guisadas con carne, froitas, galletas e marmelo.), logo sesta e de novo, praia e merenda ás  16:30. Ás 21:00 cea (sopa, tortilla, lentellas con arroz e peixe, patacas e ensalada e filetes) e ás dez a durmir. Esther lembra a crueldade coa que algunhas da monxas humillaban as nenas que se mexaban por ellas: poñíanas a camiñar polo salón coa saba na cabeza diante de todo o persoal e as compañeiras. Ela afirma que non permitiu que ningunha nena pasara por iso mentres estivo traballando alí. Foron cinco anos os que traballou en Oza, pois, ao casar, obrigárona a deixar o seu posto de traballo, con 26 anos. Hoxe vive no barrio das Roseiras e ten 92 anos.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Joaquina Dorado Pita
Represaliadas

Joaquina Dorado

Joaquina Dorado Pita nace na Coruña, no barrio de Santa Lucía, en xuño de 1917. Nesta cidade firmemente republicana e cunha grande presenza e forza

Ler máis »
Irmandiñas
Colectivos

Irmandiñas

En maio de 1916 xorden na cidade da Coruña as Irmandades da Fala. Unha única muller asiste a esa primeira reunión das IdaF, Micaela Chao

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies