AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Emilia Calé

Emilia Calé

Emilia Calé Torres Sanjurjo naceu na Coruña o 12 de febreiro de 1837. Era filla do procurador da Audiencia, e concelleiro liberal no novo Concello interino designado o 1 de outubro de 1868, Francisco Calé Martínez, nacido en Orihuela en 1813 e falecido na Coruña en 1870. Na súa tumba, no cemiterio de San Amaro figura unha oitava real que se atribúe á súa filla Emilia.

Foi narradora, poeta, dramaturga e xornalista, sempre en castelán.

Comezou a darse a coñecer como autora de artigos na prensa galega a partir da década de 1860 (a primeira participación que atopamos data de 1861 en Galicia, Revista Universal de este Reino).Tamén participou no Álbum de la Caridad.

Logo de asinar varios poemas (e algunha prosa didáctica co pseudónimo “Esperanza“) en diferentes revistas, vai para Madrid, onde continua o seu labor literario, mais esta vez publica tanto en revistas españolas como latinoamericanas e comeza a acadar certa sona nos ambientes culturais da capital española. De feito, nesta época convértese na anfitrioa da sociedade madrileña Galicia Literaria (1871), que acollía na súa casa e na que participou activamente como fundadora xunto ao seu curmán Teodosio Vesteiro Torres. Á Galicia Literaria pertenceron, entre outros, Francisco Añón, Curros Enríquez, Andrés e Xesús Muruais, Luís Taboada…

Cando regresa á Coruña participa activamente da vida cultural, como demostra o feito de ser nomeada, xunto coa outra Emilia, a Pardo Bazán, no ano 1885, presidenta do concurso literario do Círculo de Artesáns ao que asistiu Afonso XII .

Na década dos 80 asina 10 poemas na súa casa en Rutis (Vilaboa) , entre os que destacan dous: o dedicado á súa amiga Carolina Casanova, famosa cantante de ópera nacida en Ferrol; e o dedicado a Rosalía de Castro, no seu pasamento.

Ademais das súas múltiples colaboracións en revistas e xornais, publicou dous libros de poesía, dous de narrativa e dúas pezas de teatro; en concreto a obra teatral Los lazos rotos, acadou moita sona no momento da súa estrea na Coruña en 1883. Trátase dun drama romántico, con ambientación en Madrid e Santiago de Compostela, onde se relata unha apaixonada e tormentosa historia de amor vivida no medio de azarosos sucesos.

Foi distinguida como membro correspondente da Real Academia Galega na súa fundación (1906). Finou en Madrid en 1908.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Amparo Alvar
Pioneiras

Amparo Alvajar López

Amparo Alvajar López nace na Coruña o 8 de agosto de 1916, no berce dunha familia republicana formada pola Irmandiña Amparo López Jean e César

Ler máis »
Isabel San José
Traballadoras

Isabel San José

A tenda de Isa non tiña rótulo, non tiña 3×2, nin folleto publicitario. Tiña unha conta física e outra virtual. Na física, aquela libretiña, ía

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies