Donas da súa vida

Nestas iniciativas de carácter colectivo cremos que tamén ten cabida a poboación xuvenil e infantil. Este é o obxectivo principal do noso proxecto.

O proxecto DONAS DA SÚA VIDA parte da necesidade de poñer en valor figuras femininas de distintos ámbitos e do tecido de traballos tradicionalmente feminizados e historicamente invisibilizados que, porén, eran fundamentais para o funcionamento da sociedade.

Oficios, moitos deles, que desde o século pasado veñen sendo sistematicamente substituídos por maquinaria e agochados na historia como A Coruña das Mulleres.

FANZINES

01// Fanzine Oficios de auga doce
Augadoras-lavandeiras.

Fanzine historiado, ilustrado e acompañado de enigmas a descifrar. Seguindo un argumentario, distintas persoas invitan a facer un paseo pola historia destes oficios fundamentais para o funcionamento de todas as cidades nun pasado non tan alonxado. Ilustramos parte do noso patrimonio colectivo debuxando os distintos elementos arquitectónicos e figuras inspiradas nos relatos recollidos na Coruña das Mulleres.

Fanzines

02// Fanzine Mestras e Artistas.

O noso segundo fanzine desenvólvese na “escola ideal”. Novamente Uxía utiliza o seu mandil máxico para facer unha viaxe neste caso a mundos imposibles.

Nesta ocasión fixemos unha selección de mestras e artistas recoñecibles que se dan cita nun cole ideal que segue as características do actual IES Eusebio da Guarda da Coruña, tendo en conta que foi precisamente escola de Belas Artes.

Fanzine Mestras e escritoras

ROTEIROS

para caminar
Roteiros accesibeis
Roteiros

Roteiro 01:

Rosalía de Castro na Coruña

Este roteiro literario con unidade didáctica de seu, lévanos polos espazos rosalianos da Coruña.

Roteiro 02:

Escritoras do século XIX

Nesta ruta literaria seleccionamos textos para interpretar co alumnado a obra de distintas mulleres vencelladas á Coruña do século XIX.

Roteiro 03:

Luísa Villalta

Nesta ruta literaria descubriremos a obra da escritora homenaxeada nas Letras Galegas do 2024.

Os nosos roteiros están dispoñibles en pdf para facelo pola túa conta. Se prefires que vos guiemos nós, contáctanos.

REDES SOCIAIS

Levada a cabo por xente miúda
TikTok / Instagram

Dúas canles de difusión, TikTok e Instagram, onde podedes ver vídeos protagonizados por público xuvenil sobre a temática tratada na Coruña das Mulleres, utilizando as personaxes dos Fanzines para crear unha contorna xa recoñecida e unificada.

Uxía Instagram