Documentos

Aquí atoparás distinta documentación que imos xerando sobre a web e sobre a temática da Coruña das Mulleres.

O sábado 14 de novembro por segundo ano organizamos un roteiro polos espazos da cidade para axudar a coñecer e valorar figuras femininas fundamentais na historia da Ciencia, da literatura, da pedagoxía… mais tamén figuras pioneiras en calquera ámbito, mulleres que abriron camiños para outras que viñan detrás.

Desde o Obelisco e até a praza de María Pita foi unha festa da palabra e da igualdade. Música, danza contemporánea, percusión e representacións teatrais para axudar a visibilizar historias moi agochadas.

Esta actividade foi realizada ao abeiro do fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aquí podedes ver ou descargar o libro que publicamos para a ocasión.

Pantalla completa