AC Alexandre Bóveda
A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Basilisa Álvarez “A Corales”

Basilisa Álvarez A Corales

Naceu Basilisa Álvarez “A Corales” no barrio das Atochas, na Coruña no seo dunha familia humilde. Desde moi nova comeza a traballar e afíliase á CNT, á sección de empacadoras do “Sindicato de Industrias pesqueras”.

O barrio obreiro das Atochas na Coruña é por antonomasia un lugar de solidariedade e de forte compromiso sindical e político, moitas das folgas do primeiro terzo do século XX e das accións de solidariedade entre os distintos gremios teñen alí o inicio. No número 2 da rúa Atocha Alta nace Basilisa Álvarez González, logo do golpe de estado ela como outras mulleres proletarias ocultaron nas súas casas persoas perseguidas e serviron de enlaces na reorganización da resistencia obreira, sobre todo das organizacións anarquistas, e nos intentos de fuxida por mar dos antifascistas agachados, como foi o caso da frustrada operación do Portiño. A Corales, agochou os libertarios Carlos Míguez Pérez, o “Moreno” (peón, expulsado de Cuba por anarquista), e Jesús Rodríguez, o “Chucho” ou ao socialista Antonio Chamorro Castro (irmán de Luís Chamorro Castro, coñecido militante anarquista).

Basilisa Álvarez, "A Corales"En xullo de 1937, prodúcese un asalto ás casas das Atochas, á de María Otero González, viúva dun asasinado polos franquistas, e á de Alicia Dorado. María e Alicia xunto a Fernando Caamaño, Carlos Miguel Pérez “Moreno”, Jesús Rodríguez “Chucho”, Antonio Fournerakis “El Viejo”, José Valeiro e Julio Acebedo, foron asasinadas por tropas de asalto fascistas, tamén, nesa mesma operación, foron feridos nenos e nenas e veciñanza das Atochas e detidas varias persoas mentres que outros lograron escapar,  a propia Basilisa puido fuxir cara a San Amaro. A Corales guindouse ao mar, e mesmo os seus compañeiros a deron por morta. Pero Basilisa sobreviviu mais a finais de agosto do 1938, cando se descubriron os preparativos de fuxida de varios militantes de esquerda na traiñeira Tres Hermanas, foron detidas varias persoas entre elas Basilisa Álvarez.  Foi condenada a vinte anos de cárcere, aínda que saíu varios anos despois, e continuou loitando contra o réxime franquista ata o seu pasamento.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Syra Alonso
Represaliadas

Syra Alonso

Syra María Alonso Brufau, escritora e unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista, nacera na Coruña en 1899. Pertencente a unha familia da burguesía

Ler máis »
María Cagiao
Pioneiras

María Cagiao

Nada na Coruña no 1919, trasládase máis tarde ao concello de Culleredo. Pintou moito e moi ben segundo as críticas publicadas na prensa da súa

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies