A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

As chambonas

Chambonas

Son moitas as cidades que historicamente tiveron, e moitas seguen mantendo, un mercado ao aire libre onde se vendían produtos de todo tipo de segunda man. En Barcelona, Els Encants; Londres, Portobello; París, o Mercado das Pulgas; Madrid El Rastro…

Campo da LeñaA Coruña tivo tamén ese espazo situado en arcóns no Campo da Leña, logo en Orillamar e ao fronte deses negocios case sempre mulleres, as Chambonas. Mulleres que se dedicaban á compra, venda e troco de mobles, roupas e todo tipo de enseres usados.

Non sabemos con exactitude desde cando existía ese oficio de compra venda na Coruña, mais o que si sabemos é que xa no século XIX existen as chambonas. Contaba Galo Salinas un crime machista sucedido en 1863 e narraba o feito así ”…Dando frente a la que hoy es Plaza de María Pita y próximas al Riego de Agua, había unas casuchas viejas: una de ellas, que hacía esquina a la de la Franja estaba habitada , por una mujer tratante en utensilios usados o chambona y que llamaban la “ Cámbela” (La Voz de Galicia, 1951/03/04. Texto de Juan Naya)

As chambonas tiñan como clientas a xente con poucos recursos que precisaba mercar produtos de 2ª man porque a súa situación económica non lle permitía comprar produtos novos. Mais tamén desde sempre existían os curiosos que buscaban o negocio da súa vida: atopar unha pintura, un libro, un obxecto de adorno… mercado por uns reais e poder vendelo por miles de pesetas.

Campo da LeñaEscribía en 1966 en La Voz de Galicia Juan Naya, cronista oficial da cidade “… El caso del cuadro adquirido por ocho pesetas en el antiguo campo de la Leña a una «chambona» por don Isidro Brocos, profesor de la Escuela de Artes y Oficios, vendido por éste en ocho mil duros y revendido otra vez en veintemil, difícilmente volverá a repetirse. Eso acontecía hace más de medio siglo. Ahora cualquier vendedor sabe lo que tiene. Sin embargo, aún hay muchas gentes que acuden … a los «chambones» coruñeses pensando en adquirir algo sensacional por muy poco dinero.”

Era o das chambonas un traballo duro e de pouca consideración social. É fácil atopar na prensa da época anuncios breves onde a xente vendía mobles ou outros obxectos e que repiten “abstenerse chambonas”.

Campo da LeñaAs chambonas compran a particulares o que estes lles ofrecen e isto fai que en moitas ocasións non coñezan a procedencia do obxecto mercado. É fácil que, ás veces, eses obxectos poidan ser produto de roubos. Cando isto era descuberto tiña nefastas consecuencias sobre o traballo das chambonas, requisábanse todos os materiais e en moitas ocasións eran sospeitosas de colaborar no roubo ou cando menos de ser encubridoras coas graves consecuencias que estes feitos tiñan para elas.

“Los inspectores de vigilancia Sr. López Fernández, Rodríguez Araujo y Artés en unión de varios agentes practicaron— siguiendo una pista que resultó veraz—un registro minucioso en la casa número 9 de la calle de la Plaza, donde habita la “chambona” Esperanza Vázquez Laya, mujer viuda, de cuarenta y seis años que allí ejerce su equívoca industria de compra-venta…” que entenderá o xornalista por unha profesión “equívoca” Supoñémolo…

“… parte de las telas sustraídas se las vendía a bajo precio a José Martínez Escarte, vendedor ambulante, dedicado a la venta de retales en la Plaza de Abastos de San Agustín, y a María Bello Rodríguez, de profesión chambona, los que seguidamente fueron detenidos al mismo tiempo que se procedía por los funcionarios actuantes a la incautación de gran cantidad de géneros que tenían en sus respectivos domicilios…”

As relacións que se establecían entre as chambonas e quen vendía non sempre eran fáciles. En maio de 1918, aparecía en El Progreso unha nova sobre o suicidio dun artilleiro que rouba dez pares de zapatos e logo vende e que cando se sabe descuberto intenta que a chambona lle devolva o que lle vendera “… le conminó a que recuperase los zapatos y hasta le ofreció dinero de su bolsillo particular con objeto de que la cosa no trasluciese; pero el noble rasgo del suboficial fue anulado por el egoísmo de la chambona…” E así, para a prensa, e até para a xustiza, ela pasa a ser a culpable do suicidio.

Moitos, e de todo tipo, eran os obxectos que as xentes vendían ás chambonas para obter unhas moedas. Este ripio conta como os libros a final de curso acababan tamén na caseta das chambonas

libros de maciza prosa

y de apariencia empachada,

de adquisición muy costosa

y… de venta asegurada,

cuya ingrata compañía

el estudiante abandona

con indecible alegría

en casa de la “chambona*

(La Voz de Galicia 1924-06-15)

Foi o das chambonas tamén un colectivo, ao igual que doutras moitas mulleres humildes e traballadoras, que logo do golpe de estado franquista sufriu a represión. Na publicación “O traballo visible das coruñesas” (2009) –do Arquivo Municipal da Coruña– recóllese un expediente no que consta como se lle realizan informes negativos e se revoga a concesión da licenza da caseta a moitas chambonas por motivos tales como “ “ser afecta al Frente Popular, asistir a un mitin de Azaña en Madrid, ser de ideas extremistas…significada en la propaganda de las últimas elecciones…” E así, unha vez máis, mulleres humildes que tiñan como único sustento delas, e en moitas ocasións das súas familias, atópanse que non poden seguir traballando.

ChambonasAs cidades medran e hai oficios que se queren lonxe do centro. Pasou así cos lavadoiros, as fontes… Os arcóns das chambonas estiveron en espazos distintos da cidade, mais a “modernidade” e o crecemento urbanístico foinas botando de diferentes lugares e logo foron desaparecendo. La Voz de Galicia contaba o día 8 de marzo de 1947 un dos múltiples cambios de lugar.

Os cambios de emprazamentos e os cambios de costumes foron acabando coas chambonas e con elas co regateo e cun oficio que deu de comer a moitas familias e paliou moitas penurias. El Pueblo Gallego (1978- 01-11) contaba, cun punto de nostalxia e romanticismo, a desaparición das chambonas, no caso que aquí se describe, na cidade de Vigo. E así contaba La Voz de Galicia (19/02/1989) a historia das dúas últimas chambonas da Coruña.

Parece un oficio doutros tempos, mais a compra venda de segunda man ten hoxe plena modernidade e vixencia. Hoxe, é verdade, non precisamos chambonas: facémolo cun clic en Wallapop.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Torre de Hércules
Pioneiras

Inés de Ben

A historia sempre a escriben os gañadores. Sempre precisamos líderes, promotores… mais a masa que participa na batalla sempre é anónima. Se coñecemos o nome

Ler máis »
Fábrica de mistos
Colectivos

Misteiras

As traballadoras das fábricas de mistos na Coruña foron un colectivo con moita presenza na cidade e tamén un dos de maior conflitividade laboral debido

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies