A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Ártabro Hóckey Club da Coruña

Ártabro Hockey Club

En Galiza, sen contar os infantís, nos anos trinta do século XX, existiron nove equipos de hóckey herba, de mulleres. Foron o Ártabro e o Hispania da Coruña, Ícaros de Ferrol, o Pontevedra, o Vilagarcía, o Vigo (posteriormente denominado Club de Campo) e o Atlántida e o Vértice tamén da cidade de Vigo. Incluso podemos falar do Argos de Vigo, creado especificamente para xogar un campionato de España e que estaba formado por mozas procedentes dos equipos Club de Campo e Atlántida.

Tras a iniciativa dos primeiros clubs, que naceron en Vigo, por iniciativa de mulleres, na Coruña será José Luis Bugallal o que impulse a fundación do equipo Ártabro en 1933. Tras a tentativa de creación dentro do Sporting Club, finalmente constituirase de forma autónoma e a directiva do equipo será mixta e da seguinte forma: presidente, Rafael del Río Díaz; vicepresidenta, señorita Carmen Torrado Varela; secretario, José Luís Bugallal Marchesi; tesoureira-contadora, María de la Paz Aranaz Suárez; e vogais, Luísa Puentes Bujados, José María Caruncho Angueira e Luís Fernández Obanza. No mesmo ano da creación, tras a dimisión do presidente, pasa a exercer as funcións de presidenta Carmen Torrado.

Este equipo tivo moita repercusión na prensa galega do momento. Os primeiros adestramentos foron na praza de touros, para pasar aos campos do Club Celta de Rutis en Vilaboa, ao terreo do S. C. Hércules en San Pedro de Nós ou ao do Club Deportivo. Con todo, non xogou un partido formal até o 29 de abril de 1934 no campo do Progreso contra o Pontevedra Hóckey Club, en que venceron as coruñesas. As xogadoras que formaban parte deste equipo eran: Nisa Segura, Mariceli e Viricha Torón, María Luísa Lens, Gloria e Elisa Fernández Obanza, Maruca e Rosario Allones, Maruxa Esclusa, María Teresa Molezún, Cuca Díaz Rey e Alicia de la Rosa. Maruca Allones chegou a ser a primeira muller árbitro de hóckey en España e outras xogadoras que pasaron por este equipo foron Maruxa Esclusa, Chica Gimaraes, Isabel Badía, Doris Ozlez, Tata Vázquez e Doris González, xogando numerosos partidos amigables e  nos campionatos galegos e de España, pero desprazándose tamén a xogar a Póvoa de Varzim ou formando parte dunha selección galega. Incluso, deuse o caso de que Rosario Allones participou en 1936 nun torneo en Berlín formando parte da selección española, que se facían chamar as “leoas vermellas”.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Amparo López Jean
Represaliadas

Amparo López Jean

Rita Amparo López Jean nace en Vilaboa (Culleredo) en 1885. Logo de cursar o bacharelato, estuda maxisterio na Escola Normal. Asistiu a aulas de canto

Ler máis »
Mercedes Núñez
Represaliadas

Mercedes Núñez

Mercedes Núñez, nacida en  Barcelona,  filla dun xoieiro bergondés e unha catalá pertencía á burguesía comercial da cidade e veraneaba na casa paterna de Bergondo.

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies