A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Ánxeles Barreiro

Ánxeles Barreiro

A atleta Ánxeles Barreiro Rico foi a primeira deportista coruñesa en participar nuns Xogos Olímpicos. Competiu en lanzamento de disco nos que organizou a cidade de Barcelona no ano 1992.

Naceu en Boimorto en 1963, mais é na Coruña onde desenvolveu a súa actividade atlética, posto que foi na Escola de Lanzamentos dirixida por Raimundo Fernández, o técnico que moldeou a súa carreira, onde aprendeu a técnica precisa para competir nas mellores condicións. Os adestramentos realizados en Riazor propiciaron que se convertese nunha lanzadora de elite e competiu coas cores do Deportivo cando a entidade contaba cunha sección de atletismo. Gañou en once ocasións o título español absoluto en lanzamento de disco e bateu en dezaoito ocasións a mellor marca española, ata deixala en 60.56 m no ano 1994. Ese rexistro tardou vinte e un anos en ser superado.

Logrou ser trinta e seis veces internacional e acadou dúas medallas nos  Xogos Iberoamericanos. No ano 1983 logrou a de bronce e sete máis tarde mellorou a súa clasificación ao conseguir ocupar a segunda praza. Ao longo da súa vida deportiva tamén realizou algún concurso no lanzamento de peso, modalidade na que se adxudicou varios campionatos galegos.

Comparte esta biografía

Explorar máis

Lavandeiras - Colmeiro
Colectivos

O oficio de lavar

Vente, rapasa, vente, miniña; vente lavar no pilón da fontiña (trad.) Introdución Se tiverdes moita sorte, pode ser que atopedes esta historia nun libro sobre

Ler máis »
María Mazás
Pioneiras

María Mazás Lata

A artista María Mazás Lata (A Coruña 1960-2017) críase no barrio dos Castros, nun serradoiro que rexentaban os pais, onde comeza a facer cousas coas

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies