En febreiro de 1810 as mulleres obreiras de Ferrol alzáronse en motín. Nese momento Galiza sofre a Guerra da Independencia española e froito desta guerra asínanse acordos de alianza entre o goberno español e inglés, ese acordos obrigaban a todas as forzas navais do Reino de España a reunírense no porto de Cádiz. A consecuencia directa disto é o desmantelamento dos estaleiros ferroláns e o traslado, xunto cos navíos, dun importante número de persoal militar. “los ferrolanos vieron en ello la funesta señal del abandono y miseria á que por largo tiempo habían de quedar entregados” (Crónica General de España, 1866)
O Arsenal fica no esquecemento e a cidade sofre a falta de traballo e o retraso nos pagos adebedados, destes atrasos nos pagos as autoridades culpan a guerra, mais o descontento de toda a poboación vai en aumento, así que traballadoras e traballadores xa non podendo aguantar máis levántase en motín e deciden asaltar a residencia do comandante xeneral arrastrándoo polas rúas de Ferrol até o edificio onde estaba o cárcere e o concello onde foi apuñalado. Deixan o cadáver diante da Porta do Estaleiro.
A participación das mulleres neste motín foi decisiva, seguramente é un dos antecedentes máis antigos da participación feminina nun conflito, así o conta moitos anos despois El Eco de Galicia (10/2/1911) “lanzadas a la desesperación por la miseria se amotinaron capitaneadas al parecer por la esposa de un trabajador”
Son elas maioritariamente as que entran no Arsenal botan a golpes o capitán xeneral do Departamento Marítimo, ante a pasividade da garda, e arrastran os seus restos polas rúas da cidade amosando o desespero das mulleres obreiras do estaleiro ferrolán, mais tamén de toda a poboación. Unha das mulleres, Antonia Alarcón, (non sabemos con certeza se viúva ou muller dun traballador), púxose á fronte da sublevación obreira, entraron no Arsenal e sacaron a golpes o xeneral do departamento e xefe da escuadra, José de Vargas, a quen acusaron de ter oculto o diñeiro para saldar a maior parte dos fondos destinados para os traballadores da armada e os do naval da Maestranza
Así o conta a Crónica general de España ó sea Historia ilustrada y descriptiva de sus provincias, sus poblaciones mas importantes de la península y de ultramar ( 1866) “escaseaban de tal manera los recursos que todas las clases se hallaban sin paga” […] “por la mañana del citado día 10 se llegaron varias mujeres de aspecto repugnante y soez dando voces, a la puerta del arsenal del dique … cuando de repente se aumentaron los gritos y atropellando por todo subieron varias de aquellas y unos cuantos hombres á la casa del desgraciado Vargas sacándole herido y golpeado”
No xuízo celebrado o ano seguinte na Audiencia da Coruña, Antonia Alarcón, outra muller ademais dun home, foron condenados a morrer na forca coma instigadores da revolta. Antonia, acusada de ser a principal dirixente da revolta, foi ademais decapitada e exposta a súa cabeza no estremo dunha pica na Alameda, diante da porta do Arsenal, como macabra demostración de como se pagaba o desafío ao poder.
Tamén a Audiencia de Galicia castigou os gardas do arsenal pola súa pasividade que é explicable porque eles tamén padecían eses atrasos no cobro dos seus salarios.
Máis información:
- De cando as mulleres tomaron o arsenal de Ferrol. Nós Diario, 10 febreiro 2017.
- Antonia Alarcón. El Diario de Santiago. De intereses materiales, noticias y anuncios. Número 1654 – (9 febreiro 1878)
- Antonia Alarcón. El Heraldo Gallego. Semanario de ciencias, artes y literatura. Año III. Número 202 – (20 decembro 1876)