A Coruña das Mulleres

Somos un grupo de persoas que traballa no coñecemento da historia das mulleres na cidade da Coruña

Alexandra Murguía de Castro

Alexandra Murguía de Castro

O 12 de maio de 1859 nace Alejandra Teresa, a primeira filla de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, en Compostela.

Alexandra pasa os tres primeiros meses da súa vida na Coruña, onde Murguía levará a dirección do “Diario de La Coruña”. A familia regresa á cidade herculina en 1871 ao ser nomeado Manuel Murguía director do Arquivo Xeral do Reino, instalándose no segundo piso do número 3 da Rúa Príncipe (antes, Padilla). Aquí ve a luz Amara, en plena ebulición republicana, en xullo de 1873, sendo a madriña, súa irmá Alexandra, de 14 anos.

Debuxo de Alexandra MurguíaAs referencias xornalísticas que versan sobre ela, cualifícana de “artista, parecida á nai, romántica e ocorrente , boa versificadora, e cun gran oído musical”. Cando Perfecto Feixoo e Casto Sampedro avanzan na procura da fonte da Alborada de Rosalía, acoden a ela, que canta para eles. Foi entre 1912 e 1913, que Isidro Puga transcribiu o canto.

Os pais considerábana moi boa debuxante e tiñan postas moitas esperanzas no seu futuro, e non debían estar errados porque, en xuño de 1881, cando tiña 22 anos, nunha reportaxe sobre a pintura en Galiza (na Gaceta de Galicia), cítase a pintora Teresa Bouchet Blanco como “digna émula de Alejandra Murguía y de Carmen Babiano”. Cabe salientar que entre 1879 e 1881 estas dúas mulleres estiveran unidas pola colaboración artística mantida coa revista La Ilustración Gallega y Asturiana, editada en Madrid e cuxa cabeceira, nese ano de 1879, foi deseñada por Alexandra Murguía.

Acuarela de Alexandra MurguíaDa súa autoría son tamén os debuxos: “A catedral de Santiago: detalles do Pórtico da Gloria”, publicado na mesma revista; o retrato da nai reproducido en Galicia Emigrante, e o retrato da súa curmá Carmen Pérez–Lugín.

Na Casa museo de Rosalía podemos admirar unha acuarela e un retrato da súa nai. Sabemos tamén que foi a primeira mestra de debuxo do seu irmán Ovidio.

En 1880 Alexandra e seu pai van a Madrid para procurar unha saída profesional na arte. Sabemos tamén que acabou rexeitando unha praza de restauradora no Museo do Prado, por non abandonar o pai e os irmáns.

Finou o 22 de marzo de 1937. Está enterrada en Santo Amaro, xunto con seu pai e os seus irmáns, Ovidio, Amara, Aura e Gala.

Comparte esta biografía

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

Explorar máis

María Miramontes
Represaliadas

María Miramontes

María de los Dolores Miramontes Matos nace en Santa María de Guísamo (Bergondo- A Coruña) en 1895. Comeza a traballar con 11 anos nun obradoiro

Ler máis »
María Balteira
Pioneiras

María Balteira

María  Peres, A Balteira, nada en Armeá (Coirós), foi a soldadeira máis popular nos nosos Cancioneiros. As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan

Ler máis »

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies